En portadaÚltima hora

Chega a XXXII Milla do Barco, un espectáculo deportivo

Entre os atletas que correrán a Milla absoluta masculina estará Alejo Ares
Alejo Ares entrando en meta na pasada edición da Milla do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende meniños de meses ata persoas de 80 anos toman a saída cada ano a segunda fin de semana de setembro nunha proba que se ten convertido en toda unha referencia a nivel galego e mesmo español pola súa gran participación, público e calidade deportiva. O Paseo do Malecón volverá a transformarse a partires das seis da tarde deste domingo 16 de setembro no circuíto da Milla Urbana do Barco. Esta cita está incluída no calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo nas categorías absolutas (feminina e masculina) e no autonómico no resto.

Nesta edición contarase novamente cun cartel de luxo nas carreiras absolutas, nas que só se pode participar por invitación dos organizadores. Salvo cambios de última hora, están confirmados os nomes de Solange Pereira (a atleta con máis títulos na Milla, tras vencer en oito edicións), Sonsoles Martín (sexto no campionato de España de 5000 m Sub18), Marta Ballesteros (subcampiona galega de 2.000 obstáculos e de 5.000.sub 18), Aída Martinez (campeona gallega de 800 sub 20) ou Sandra Mosquera (subcampiona galega de cross).

Na liña de saída estarán tamén, entre outros atletas de referencia, o valdeorrés Alejo Ares (Adas), cuxo obxectivo será mellorar o cuarto posto acadado na Milla do 2017. Tamén se contará con Adrian Ben (internacional absoluto no europeo de Berlín, 3º no campionato de España en 1.500 ), Jesús Gómez (ganador da milla 2017 e campión de España 1.500 en 2018), Dani Arce ( 3º de España en 3000 obstáculos e finalista europeo no 3.000 obstáculos de Berlín).

Esta XXXII Milla Urbana “Festas do Cristo 2018” será organizada polo Concello do Barco coa colaboración do Club Adas-Proinor, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación Valdeorresa desta mesma federación.

 

Carreira absoluta feminina na Milla Urbana do Barco do 2017./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button