ConcellosCulturaCulturaÚltima hora

Chega ao Barco o retrato que Ruth Matilda Anderson fixo da Galicia de primeiros do s. XX

A mostra “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia” inaugurarase o 7 de novembro na sala Abanca da vila, froito dun acordo entre esta entidade, o Concello e a Afundación
Sinatura do convenio entre o Concello do Barco, Abanca e Afundación no Barco./ Foto cedida por Afundación.

Nada máis desembarcar en agosto de 1924 no porto de Vigo, Ruth Matilda Anderson, fotógrafa investigadora de Hispanic Society de Nova York, comezaba unha auténtica aventura percorrendo a Galicia da época, tanto urbana como rural, e retratando os lugares, aos seus habitantes e os seus costumes.

Levou a cabo un coidado, exhaustivo e valioso traballo que permitiu documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso, e que se plasmou na exposición “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. Esta mostra chegará neste mes de novembro ao Barco grazas a un convenio de colaboración que veñen de asinar na mañá do 19 de outubro Abanca, Afundación e o Concello.

Á sinatura asistiron o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o director da zona leste Ourense de Abanca, Diego Daniel Fernández; e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano. A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 7 de novembro na Sala ABANCA (praza do Príncipe, s/n).

 

Unha das imaxes da mostra./ Foto cedida por Afundación.

Artigos relacionados

Back to top button