EconomíaEconomíaÚltima hora

Chega o “II Teatro nos escaparates” ao Barco

A inicitiva, organizada polo CCA desta vila, desenvolverase do 30 de xuño ao 2 de xuño en 18 establecementos
O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, na presentación da segunda edición de "Teatro nos escaparates"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, na presentación da segunda edición de “Teatro nos escaparates”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Os escaparates dos establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) volverán a converterse en escenarios de cristal. Logo do éxito da campaña “Teatro nos escaparates”, que se estreaba en maio do 2014, a iniciativa repetirase neste verán. “Tivo unha boa acollida tanto entre os asociados como entre o público, por iso decidimos continuar con ela neste verán. A idea é dar apoio á cultura mentres se dinamiza o comercio”, tal e como sinala o presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez.

Cartaces da campaña./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Cartaces da campaña./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Mantendo a liña inicial, a proposta consistirá en 18 de pequenas representacións que se irán desenvolvendo polas tardes, como unha especie de circuíto, noutros tantos comercios da vila entre os días 30 de xuño e 2 de xullo. Desta volta a interpretación deste rosario de pezas correrá a cargo do compañía afeccionada berciana Benevivere Teatro. Dende o CCA tamén se destacaba o incremento de establecementos que participarán na iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button