ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Chega o Nadal á residencia da terceira idade do Bolo

Trala visita ao colexio, Papá Noel visitaba aos residentes, entregándolles agasallos

Moi intensa foi a mañá do 21 de xaneiro para Papá Noel no concello de O Bolo. Acompañado polo alcalde Manuel Corzo e parte da corporación municipal, primeiro visitaba o colexio, entregando caramelos e agasallos a cada un dos cativos, e despois achegábase ata a residencia da terceira idade moi preto.

Acompañado tamén polos nenos e os seus famliares, o entrañable personaxe navideño compartía, igual que fixera cos cativos, agasallos cos residentes. Ademais os pequenos interpretaban un canto de reis ao son da zanfona tocada polo profesor de música.

Nenos e maiores xuntos é unha estampa que se repite cada Nadal en moitos concellos rurais. No de O Bolo lévase facendo dende hai moitos anos, como antesala das festas que comezan oficialmente o o luns 24 de decembro, Noiteboa, e que non rematan ata o 6 de xaneiro, Día de Reis.

 

A comitiva encabezada por Papá Noel e o alcalde de O Bolo chegando á residencia da terceira idade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button