CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Chega o Nadal ao colexio San Pablo VI-Fátima, na Rúa

Na tarde do 19 de decembro celebrábase o festival, coas actuacións dos alumnos da Gardería, Infantil e Primaria

Son moitas e variadas as actividades coas que o colexio San Pablo VI-Fátima celebra as festas de Nadal. Dende concurso de postres ata a operación quilo, sen esquecer a elaboración do belén e as actuacións.

Este ano non foi unha excepción e na tarde do 19 de decembro tiña lugar o tradicional Festival de Nadal. Os primeiros en actuar eran os máis pequeniños do colexio, os da Gardería, interpretando Alegría, Alegría; e os de Intantil, con dúas actuacións: Una estrellita muy especial e o vilancico Rock de la estrella, rematando o acto coa estrea do vídeo co que o centro felicitará as festas a través das redes, e a visita dos Reis Magos que recibiron aos pequenos sobre o escenario.

E trala eucaristía, harmonizada polo coro do colexio, chegaba a quenda dos alumnos de Primaria con varias actuacións. Os de 1º, El Belén; os de 2º e 3º, Imagina; o de 4º, Es Navidad; e os de 5º e 6º, Una estrella sin nombre e All I Want For Christmas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button