ConcellosÚltima hora

Chega o VI Astro Trevinca á Veiga

No acto de presentación destas xornadas o rexedor veigués anunciaba que o novo observatorio deste municipio estará "pleno rendemento" en marzo

Acto de presentación das xornadas no Pazo Provincial neste 2 de outubro.

 

Divulgación científica, astronomía e promoción do territorio no teito de Galicia. Do 4 ao 6 de outubro A Veiga acollerá a sexta edición de Astro Trevinca, cun programa de actividades que incluirá observacións nocturnas e diurnas, conferencias e a proxección dun documental, tal e como explicaba durante o acto de presentación en Ourense o seu coordinador, Óscar Blanco.

“A Veiga é o mellor lugar do noroeste da península ibérica para observar as estrelas pola baixa contaminación lumínica, boas codicións climatolóxicas e a súa altitude”, destacaba Blanco nun acto celebrado no Pazo Provincial no que tamén participaba o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde da Veiga, Juan Anta, quen sinalaba que desde o Concello estase a facer “unha aposta decidida polo turismo astronómico” e “para achegar ao público un dos mellores catorce ceos do mundo”.

Aproveitou tamén o rexedor para recordar que no próximo mes de marzo está previsto que estea a pleno rendemento o observatorio astronómico.

Máis información na edición en papel de outubro do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button