CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Chega o VIII Vilarock

Este festival celebrarase o 14 de agosto no pobo barquense de Vilanova
Imaxe da pasada edición do Vilarock en Vilanova./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da pasada edición do Vilarock en Vilanova./ Foto: Carlos G. Hervella.

Reiniciando. Ese é o lema da VIII edición do festival Vilarock que se celebrará o vindeiro 14 de agosto en Vilanova (O Barco de Valdeorras). Reducir o número de grupos e por conseguinte o presuposto, para poder continuar coa iniciativa que nacía hai oito ano da man da xuventude de Vilanova e que a piques estivo de non organizarse.

Así, o venres 14 de agosto a partires das 23h. a praza de Vilanova acollerá os concertos dos vianeses Cabo da Vila (banda cunha longa traxectoria no panorama musical), os barquenses The Jocker (banda de recente formación que tamén toca rock duro, tanto temas propios como versións) e os vigueses Y.E.M.E.T. que se presentan como “un grupo compacto que ofrece temas directos e potentes en español deixándose influír por múltiples bandas de metal nacionais e estranxeiras, especialmente dos 90”.

Artigos relacionados

Back to top button