OurenseÚltima hora

Chega a Ourense a exposición fotográfica da campaña mundial pola educación

O Liceo acollerá a mostra “A educación transforma a vida” ata o 15 de abril

Dende o 4 ata o 15 de abril, o Liceo de Ourense acolle a exposición fotográfica “A educación transforma a vida” converténdose nun espazo para sensibilizar sobre a educación.

Trátanse dunha mostra de dez fotografías realizadas polos fotógrafos José Collazo e Noa Fernández que amosan o futuro do noso planeta, nenos e nenas de moitos países unidos pola educación, por unha educación de calidade e crítica que cuestiona as relacións existentes no noso mundo a día de hoxe. A través dos dez paneis “podemos percorrer diferentes historias de éxito de países aos que só acostumamos ver nos medios de comunicación por cuestións negativas, e que sen embargo grazas a un gran esforzo seguen mudando e avanzando polos dereitos dos seus cidadáns, mentres no noso entorno podemos ver un retroceso notorio dos nosos dereitos”, explican dende a organización.

A mostra está coordinada pola Fundación Taller de Solidaridad e forma parte da campaña mundial pola educación, xunto con outras tres organizacións en Galicia (Fundación Entreculturas, Ayuda en Acción, e Fundación Educo), e á inauguración celebrada no claustro do Liceo de Ourense asistían medio cento de persoas.

Artigos relacionados

Back to top button