ConcellosÚltima hora

Chegan as Festas Etnográficas de Allariz

O vindeiro 20 de xullo terá lugar a XVII Edición A Seitura, na que os veciños de Queiroás da Igrexa recrearán a elaboración tradicional de pan

 

Traballadores no campo recreando a labor.

Allariz celebra unha nova edición das Festas Etnográficas, na que os veciños e veciñas de Queiroás da Igrexa e Seoane, recrean ao longo do verán, os labores relacionados coa elaboración do pan de xeito tradicional. Comezarán coa representación da tradicional seitura, recreando como era antano unha xornada de traballo no campo onde homes e mulleres traballaban man a man por lograr este pan cen por cen de Allariz.

A programación deste día comeza ás 9 horas da mañá cun encontro de segadores na “Petouquiña”, que se trasladarán para dar inicio á sega no eido da “Penarredonda”. Ás 11:00 horas farase unha parada para o almorzo onde poderanse degustar pinchos e doces variados para repoñer forzas. Ás 12 terá lugar o atado e enmendado de mollos para facer as diferentes medas no eido.

A comida, prevista para as 14:30 horas, será na “Bidueira do Kiko”, onde os presentes gozarán, ademais dun menú por 13 euros, dunha animada foliada con gaiteiros e música galega. O prazo para apuntarse a xantar é ata o mércores 17 de xullo, puidendo obter os tíckets na Organización e Oficina de Turismo de Allariz.

O ciclo continúa no Muíño do Burato para realizar a moenda, e por último, á Torre de Seoane, onde ten lugar a fornada. Aquí sairá o pan acabado de cocer ao estilo tradicional e cen por cen de Allariz, o resultado dunha longa xornada de traballo compartido, como recoñecemento ó labor que facían os nosos antepasados.

 

Traballadores no campo recreando a labor.

 

Programa das Festas Etnográficas 2019.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close