CulturaCulturaÚltima hora

Cheo absoluto no cine de verán en Parada de Sil

 

As xornadas de cine de verán ao aire libre están sendo un éxito en Parada de Sil. E mostra diso é o cheo absoluto que se rexistraba na noite do venres 12 de agosto para a proxección na praza do Curtiñeiro do filme Los dioses deben estar locos, unha comedia épica de absurdas proporcións que fixo rir aos asistentes.

O cinema é unha das actividades do verán cultural en Parada de Sil, organizada polo Concello e con entrada gratuíta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button