CulturaCulturaÚltima hora

Chesi presenta a súa última novela “Examen final” en Ourense

O autor valdeorrés aborda nesta obra a crise persoal e profesional dun escritor
Portada do último libro do escritor barquense Chesi.
Portada do último libro do escritor barquense Chesi.

José María Pérez Álvarez “Chesi” continúa a súa andaina polo mundo da novela. Dous anos despois da súa última obra, “Tela de araña” (2012), o autor barquense vén de publicar “Examen final”, editado por Trifolium (dentro da súa colección Litterae). Esta novela, na que recurre ao monólogo, xira ao redor da crise que sufre un escritor e que se reflite “tanto na súa carreira profesional como na súa vida persoal, en concreto no seu matrimonio”, segundo adianta a editorial.

“Examen final” será presentada o 7 de novembro ás 19,00 horas en Ourense, e máis en concreto, en EL CERCANO (Ourense, c/ Cardenal Quevedo 20 baixo). O acto contará coa presenza de José María Pérez Álvarez, así como de Juan Tallón, que será o presentador, e Xan Arias (editor).

Artigos relacionados

Back to top button