OurenseÚltima hora

A CHMS convoca, este mércores, á súa Xunta de Goberno e ao Consello da Auga

O presidente, Francisco Marín, trasladaralle a ambos os dous órganos directivos a situación da Conca de alerta por seca
O presidente da C.H. Miño-Sil.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, convocou para o vindeiro mércores, 12 de outubro, á Xunta de Goberno e ao Consello da Auga da Demarcación para analizar e valorar a situación de Alerta por Seca.

A Xunta de Goberno é o máximo órgano de goberno colexiado da Demcarcación Miño-Sil, na que están representadas as tres Administracións ( central, autonómica e local), así como os usuarios da auga.

O Consello da Auga da Demarcación (CAD), presidido por Marín, conta cunha Vicepresidencia Primeira elixida polos vocais que representan ás Comunidades Autónomas e unha Vicepresidencia Segunda elixida entre os vocais representantes dos usuarios. O CAD constitúe o máximo órgano colexiado de participación e planificación.

En ambos os dous encontros informarase do contido do novo Plan Especial de actuacións en situacións de alerta e eventual seca, así como o informe de satisfacción de demandas na situación actual de Alerta; por outra parte, darase conta dos asuntos tratados nas xuntanzas sobre o Pacto Nacional pola Auga, realizados cos diferentes axentes implicados na xestión e uso do recurso.

Artigos relacionados

Back to top button