ConcellosÚltima hora

A CHMS coordina cos concellos de máis de 20.000 habitantes accións fronte a seca

O organismo de conca pediulle aos responsables municipais que redacten ou adapten os seus plans municipais de emerxencia ante situacións de seca, tal e como marca a Lei
Francisco Marín e os responsables municipais, na xuntanza na CHMS.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, reuniuse hoxe, 1 de decembro, cos municipios e mancomunidades de máis de 20.000 habitantes da demarcación para coordinar as actuacións para poñer en marcha para paliar os efectos da seca.

No encontro celebrado esta mañá, a CHMS pediu aos responsables municipais que redacten ou adapten os seus plans municipais de emerxencia ante situacións de seca tal como establece a Lei do Plan Hidrolóxico Nacional, que dispón que as Administracións públicas responsables de sistemas de abastecemento urbano que atendan, a unha poboación igual ou superior a 20.000 habitantes, deberán dispoñer dun Plan de Emerxencia que deberá ter en conta as medidas previstas nos Plans Especiais de actuación en situación de alerta e eventual seca dos organismos de conca.
Neste caso concreto, o recolleito no Plan Especial de Alerta e Eventual Sequia da CHMS, que se aprobou por orde ministerial do 21 de marzo de 2007, e que é o instrumento que permite xestionar a seca de forma anticipada, atendendo á evolución dun conxunto de indicadores que se miden en varios puntos da conca e establecen os escenarios en que se atopan os diferentes sistemas de explotación, normalidade, prealerta, alerta ou emerxencia.
Ademais, tamén se informou aos concellos que, en cumprimento do disposto no Real Decreto 1/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aprobaron os plans hidrolóxicos de conca das demarcacións intercomunitarias, correspondentes ao segundo ciclo de planificación, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral da auga, puxo xa en marcha o procedemento para a revisión dos Plans Especiais de Alerta e Eventual Sequia de todas as demarcacións hidrográficas da súa competencia.
Esta revisión permitirá potenciar ao vixente sistema de indicadores que permiten diferenciar con claridade as situacións propias de seca hidrolóxicas das de escaseza así como mellorar as accións e medidas a adoptar para loitar contra a seca grazas á experiencia adquirida nestes dez anos que os plans de seca levan en vigor.
Proximamente sairá a consulta pública a revisión do Plan Especial de Alerta e Eventual Sequia da CHMS conxuntamente co resto de demarcacións hidrográficas, por un prazo de tres meses, polo que o organismo de conca convidou aos Concellos para participar nese proceso de consulta achegando as suxestións que estimen oportunas.
A mellora da coordinación e colaboración entre as Administracións permitirá dar respostas máis eficaces fronte a situacións extremas, e iso redundará en beneficio dos cidadáns.

Artigos relacionados

Back to top button