EconomíaEconomíaÚltima hora

A CHMS reúnese coas asociacións ecoloxistas no marco do Pacto Nacional pola Auga

O presidente, Francisco Marín, reuniuse coa Sociedade Galega de Historia Natural, Ríos Limpios e Amigos da Terra
Xuntanza entre Francisco Marín e as asociacións.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, reuniuse na mañá de hoxe, 4 de outubro, coa Sociedade Galega de Historia Natural, Ríos Limpios e Amigos da Terra continuando coa rolda de contactos previstos na Demarcación Hidrográfica para avanzar cara un Pacto Nacional pola Auga. Tamén foron convocados a Asociación Galega de Custodia do Territorio, ADEGA e Ríos con Vida, que desculparon a súa asistencia.

Desta forma, continúa a rolda de contactos iniciados polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Medio Ambiente e Alimentación, o pasado mes de xullo, con todos os sectores co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola Auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso.

O Pacto Nacional Pola Auga debe recoller as propostas técnicas para facer o uso máis eficaz, solidario e integrado nos recursos existentes. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da Auga.

Artigos relacionados

Back to top button