A GudiñaConcellosÚltima hora

Chocan un camión e unha furgoneta na Gudiña

 

Unha persoa resultaba ferida esta mañá, ao chocar un camión e unha furgoneta na A-52, no punto quilométrico 135, en sentido Vigo, ao seu paso polo municipio da Gudiña. O accidente producíase rozando as nove da mañá.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia pasábase aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos membros do “GES A Guidiña que, xa no punto, descartaron o uso do material de excarceración, posto que, o condutor da furgoneta estaba sendo atendido polos profesionais sanitarios”, segundo informa o 112 Galicia.

Ademais, ata o lugar, desprazáronse nada maís ser alertados polo 112, os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como o persoal do servizo de mantemento de estradas, que se encargou das tarefas de limpeza e de garantir as condicións de seguridade da vía, segundo os datos do 112 Galicia. A persoa ferida foi trasladada en ambulancia ata o Hospital de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button