SanidadeÚltima hora

Chocolatada benéfica da AECC no Barco, o 23 de novembro

Será a partir das 18h. no Casino do Barco

Un dos momentos da chocolatada do pasado ano da AECC en Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Saborear un chocolate con churros tamén é un xesto solidario. Así o demostran cada outono as persoas que participan na chocolatada benéfica anual que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras. Nesta ocasión esta cita solidaria está prevista para o 23 de novembro ás 18h. no Casino do Barco.

As entradas para asistir a esta cita solidaria poderán atoparse nos establecementos barquenses Comercial Vedo, Charo López, Terán, Perfumería y Estética Ana De la Puente e Librería Murciego.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close