En portadaGalerías de fotosTempo de Entroidos

Chocas, lume e bombos na primeira saída do Entroido en Laza

Son e lume para encetar con forza e moita participación o Entroido de Laza. Na fría noite do 15 de xaneiro esta localidade ourensá comezaba con ganas a celebración co “1º Folión do Entroido do pobo”. Partía dende o fondo da Cerdeiriña, encabezado por longas ringleiras de veciños de todas as idades, que portaban as chocas e o látego dos Peliqueiros, pero non a carauta. De seguido, persoas disfrazadas, un lume alimentado por palla e un folión.

A comitiva, rumbo á praza da Picota, ía facendo paradas nos bares de Laza para descansar e botar un grolo. O traxecto continuaba polo resto do pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button