CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cholo e Nela comparten xornada festiva en Trives con multitude de nenos na XXII Convivencia de Educación Infantil

O CEIP Manuel Bermúdez Couso é escenario desta cita lúdica e educativa neste 29 de maio coa presenza de 16 colexios da parte oriental da provincia

Polo “Camiño da Fala” e da man dos personaxes Cholo e Nela estase a desenvolver a XXII Convivencia de Educación Infantil neste mércores 29 de maio no CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives. Un intenso, variado e divertido encontro coa participación duns 16 colexios da parte oriental da provincia, así como de 500 alumnos e 400 adultos entre pais, mestres e mestras.

En concreto cóntase coa asistencia do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, CEIP Ramón Otero Pedraio do Barco de Valdeorras, CEIP O Bolo, CEIP de Manzaneda, CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo de Valdeorras, CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartin de valdeorras, CEIP San Martiño de Vilariño de Conso, CEIP virxe do Camiño de Rubiá, CEIP Manuel Respino da Rúa, Colexio Nosa Señora de Fátima da Rúa, CEIP Ávila Bustillo da Veiga, CEIP da Peroxa, CEIP de Casaio e CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.

Nesta xuntanza de marcado carácter festivo inclúense diferentes xogos populares, exhibicións (entre elas de Protección Civil, Garda Civil de Tráfico, ambulancias e bombeiros), obradoiros, inchables,… unha batería de actividades polas que os cativos van rotando. E, como broche fintal, haberá unha actuación musical.

A maior finalidade desta convivencia é a de establecer relacións sociais entre toda a comunidade educativa, poñendo en valor o respecto a convivencia e, por suposto, coa lingua galego como protagonista principal.Como cada ano, a convivencia é froito dun gran traballo previo que desde semanas atrás se vén desenvolvendo nas aulas de cada centro contando coa colaboración de papás, mamás e persoal docente. Un traballo coordinado dende a Asociación Pro-Convivencia de Educación Infantil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close