CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Cholo e Nela envían unha mensaxe aos cativos dende a casa

"Covid, que te vin!" é o título da canción en galego creada para os nenos nestes tempos de confinamento

Imaxe do vídeo de Cholo e Nela.

A convivencia de Educación Infantil, máis coñecida como Cholo e Nela, é un proxecto expansivo de prácticas educativas relacionadas coa transversalidade, a innovación e o deseño de materiais en galego. Como cada ano a súa celebración estaba prevista para o mes de maio pero ante a pandemia de Covid-19 e o estado de alarma, os seus promotores decidían aprazar a edición 2020 para o vindeiro ano.

O que non faltará aos seus seguidores é a canción con vídeo incluído que gravaron para enviar unha mensaxe dende a casa. Chámase Covid, que te vin! e é unha bonita proposta con música en galego para animar aos nenos e nenas nestes tempos de confinamento.

 

Artigos relacionados

Back to top button