CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Cholo e Nela Lonely Hearts Club Band presenta un novo vídeo musical o Día das Letras Galegas

"Ai Ho! Galego" aposta polo "emprego da nosa lingua na nosa terra"

 

Este ano todo estaba a ser organizado, como nas outras 23 edicións anteriores, para que centos de cativos da etapa de Educación Infantil das bisbarras orientais de Ourense celebraran a festa de Cholo e Nela, pero a situación actual de pandemia impediu seguir con esta celebración. E agora a Fase I da desescalada impediu tamén celebrar fisicamente o Día das Letras Galegas, por iso dende a organización das Convivencias de  Educación Infantil “arremangámonos de novo e fixemos esta proposta para falar a nosa lingua nun vídeo de colaboracións de moita xente”.

Da man de Lonely Hearts Club Band, formación musical que xurde dos grupos de traballo de Cholo e Nela para animar cada edición dos encontros, vén Ai Ho! Galego Camiño da Fala, o tema da anterior edición que aposta polo “emprego da nosa lingua na nosa terra”, co que gravaron un vídeo en pleno confinamento, para trasladar unha mensaxe positiva: “entre todas e todos falaremos galego”.

Estamos en Galiza, falamos en galego!!!
Ai Ho! Galego!!!!
Miles de bocas para a lingua a túa a miña, a nosa, a vosa, a deles a delas, miles de linguas para a Lingua, miles de bocas para a Fala, a nosa fala para o mundo, o noso sermos e a nosa alma como Pobo.
Bo día das Letras Galegas!!!!!

 

Artigos relacionados

Back to top button