ConcellosÚltima hora

Choque entre dous vehículos na N-536 en Carballeda Valdeorras

Como consecuencia do accidente resultaba ferida grave unha persoa e outras dúas feridas leves

Un dos vehículos implicados no sinistro.

Ás 13:45h. deste domingo 25 de agosto tiña lugar un accidente de tráfico na estrada N-536 ao seu paso polo termo municipal de Carballeda de Valdeorras. Producíase unha colisión frontolateral entre dous turismos no quilómetro 42,5 deste vial.

Como consecuencia da mesma resultaba ferida grave unha persoa, que era excarcelada e evacuada en helicóptero ao Hospital de Ourense. Outras dúas persoas quedaban feridas leves, mentres que dous menores resultaban ilesos. Os catro foron trasladados ao Hospital Comarcal Valdeorras (O Barco), se ben os menores xa están no seu domicilio.

Debido ao accidente a estrada permaneceu cortada á circulación ata as 15:40h. No operativo de emerxencia  participaban a Garda Civil de Tráfico, o 061, Bombeiros do Parque de Valdeorras e o GES Valdeorras.

Barállase como posible causa do accidente a velocidade inadecuada ao trazado da vía e o estado da calzada mollada. Dende a Garda Civil de Tráfico recoméndase “aminorar a velocidade cando se trazan curvas coa calzada mollada pola perda de adherencia dos neumáticos”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button