En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Choros, candeas e coplas satíricas no enterro da sardiña do Barco

Encabezada polo Meco, a comitiva do enterro da sardiña do Barco partía da praza Maior pasadas ás oito da tarde do Mércores de Cinza. Tras eles ían o cura oficiante da cerimonia e as choronas, seguidos de numeroso público que portaba candeas acesas.

Dende aí iniciaban unha procesión polo casco antigo da vila, interrumpida con oito paradas e que concluía, novamente, na praza Maior. En cada unha destas paradas recitábanse e cantábanse coplas en clave satírica. Chegados á praza, e tras as últimas “pregarias”, procedíase á queima do Meco. A festa continuaba co reparto de chourizos e pan entre os presentes.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button