DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Chourizada e nova vitoria do C.D. Barco en Calabagueiros

O conxunto vermello superaba, por 2 goles a 1, aos de Vilalba

 

Un paso máis cerca do obxectivo se sitúa o C.D. Barco trala última vitoria en Calabagueiros por 2 goles a 1 ante o Racing Club Vilalbés.

Na tarde do 17 de novembro, o campo de fútbol barquense acollía o partido da xornada 13ª en terceira división entre o conxunto vermello ás ordes de Manolo Pérez e o Racing Club Vilalbés. Os lucenses chegaban a Valdeorras dende a metade inferior da clasificación, e había que esperar ata o minuto 30 da primeira parte para que David Álvarez abrise o marcador para os locais.

 

David Álvarez marcou o primeiro gol para o C.D. Barco.

 

Co 1-0 chegaba o descanso no que os asistentes ao partido puderon degustar unha boa chourizada, e xa na segunda metade do encontro, malia que o gol de Fernando Cuadrado lograba o empate momentáneo no 66′, o tanto de Juanito Bazo só dous minutos despois inclinaban a balanza a favor dos locais que suman a novena vitoria no que vai de tempada, manténdose no terceiro posto da clasificación.

A seguinte cita para o equipo sénior do Centro de Deportes barco será o 24 de novembro no campo municipal do Viso, en Arzúa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close