CulturaCulturaÚltima hora

Christian Escuredo dirixirá un curso de movemento expresivo no Pazo do Castro

O obradoiro, que forma parte da iniciativa de turismo rural “Artista Convidado”, desenvolverase do 15 ao 17 de abril
O artista barquense Christian Escuredo.
O artista barquense Christian Escuredo.

Arte, enoturismo e turismo de natureza no xeodestino Manzaneda-Trevinca, son as actividades que combina “Artista Convidado” una novidosa iniciativa de turismo rural na que se enmarca o curso de movemento expresivo que Christian Escuredo dirixirá do 15 ao 17 de abril no Barco de Valdeorras.

Tal como explican dende a organización (a empresa ourensá Iniciativa Ideas en Acción) “trátase dunha actividade dirixida a todas as personas interesadas en estar en forma, disfrutando do seu corpo en movemento a partires do xogo, desenvolvendo todo o seu potencial creativo, explorando e descubrindo as posibilidades do movemento, recoñecendo as súas emocións e xerando así transformacións cara un desenvolvemento máis saudable”.

Cartaz do curso de movemento expresivo.
Cartaz do curso de movemento expresivo.

O traballo deste obradoiro incluirá aspectos como respiración, concienciación postural, danza e ritmo, dramatización, xogo e movemento, etc, e estará dirixido polo xove actor barquense Christian Escuredo que conta cunha ampla traxectoria profesional en teatro, cine e televisión, destacando a súa faciana como actor de musicais, especialmente o seu papel protagonista no exitoso espectáculo “Priscilla Reina del desierto”.

O obradoiro, para o que cal hai prazas limitadas que se cubrirán por orde de chegada, desenvolverase nas instalacións do Hotel Monumento Pazo do Castro. O programa de actividades complétase cunha vista á Torre do Castro e as súas “covas”, así como una visita guiada, opcional, aos viñedos e adega de Viña Godeval con cata incluída.

Artigos relacionados

Back to top button