CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Christian Escuredo, no videoclip de “Caos” de Malú

A cantante Malú vén de estrear novo single e videoclip. O seu título é “Caos” e nel aparece o actor valdeorrés Christian Escuredo. “Nel colaboro cun personaxe moi Priscilla“, di en alusión ao exitoso musical “Priscilla Reina del Desierto”, do que ten sido un dos tres protagonistas ao longo de dúas tempadas no Nuevo Teatro Alcalá de Madrid.

Escuredo aparece transformándose en drag queen, algo que “non deixa de ser unha homenaxe a Felicia (o seu personaxe en “Priscilla”) por petición do director: Willy Rdgz para Sony Music.q”.

Nesta galería figuran algúns dos momentos nos que Christian Escuredo aparece no videoclip, que pode verse no enlace:
https://youtu.be/QH8NsIZDam8

Artigos relacionados

Back to top button