CulturaCulturaÚltima hora

Christian Escuredo opta aos premios internacionais BroadwayWorld

O actor aspira a ser nominado como “actor principal” polo seu papel de “Adam” no musical “Priscilla. Reina del desierto”
O actor e cantante barquense Christian Escuredo./ Foto: Luis Malibrán.
O actor e cantante barquense Christian Escuredo./ Foto: Luis Malibrán.

O premio é decisión do público. A elección dos premiados no certame BroadwayWorld faise por votación a través de internet e entre os actores que aspiran a facerse cun destes galardóns internacionais (no caso das producións de teatro musical feitas en España) está o valdeorrés Christian Escuredo polo seu papel de “Adam” no exitoso musical “Priscilla. Reina del desierto”.

Escuredo opta a ser nominado como actor principal nesta obra, na que interpreta a un dos tres protagonistas. Este mesmo espectáculo aspira tamén a moitas outras candidaturas. Para votar e apoiar esta produción tan só hai que entrar no enderezo: http://www.broadwayworld.com/spain/vote2015region.cfm

Artigos relacionados

Back to top button