En portadaEspecial Cristo 2016Última hora

Christian Escuredo, pregoeiro das Festas do Cristo do Barco

O programa desenvolverase do 8 ao 14 de setembro con novidades como o I encontro Food Trucks “Rilla no Barco”
O actor valdeorrés Christian Escuredo.
O actor valdeorrés Christian Escuredo.

Cun pouco de todo e para todos os públicos. Así serán, segundo a concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta, as Festas do Cristo 2016 que se celebrarán do 8 ao 14 de setembro cun “programa bastante completo que espero que a xente disfrute coa paixón coa que nós o fixemos”.

Así se rotunda e animada se amosaba a concelleira na presentación que tiña lugar no mediodía do 17 de agosto, xunto a José Manuel García, represenante da empresa Elemental Chefs, respondable do I encontro de Food Trucks “Rilla no Barco” que terá lugar durante as festas no paseo do Melecón barquense. Este encontro no que se mesturará a mellor gastronomía “de rúa e de calidade” con actividades infantís, música e mercado nun ambiente “vintage”, será unha das novidades desta edición das festas grandes do Barco. Unha edición cuco programa, lúdico, cultural e deportivo, arrancará o xoves 8 de setembro na praza Maior co pregón que este ano lerá o actor Christian Escuredo quen fará un alto entre actuación e actuación (está inmerso nunha nova xira do musical “Priscilla, reina del desierto” para dar o pistoletazo de saída ás festas do seu pobo.

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e  José Manuel García de Elemental Chefs, na presentación do programa do Cristo 2016. /Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e José Manuel García de Elemental Chefs, na presentación do programa do Cristo 2016. /Foto: Mónica G. Bellver.

A partires de aí, sucederanse as actividades ao longo de sete días, con concertos de diferentes estilos musicais, actividades infantís, orquestras, obradoiros de cociña e ata de cabezudos, repartidas entre diferentes puntos da vila como o Campo da Festa, o Paseo do Malecón, a Praza Maior e mesmo a beira Sil. “Tentamos que todos os días haxa un concerto dun grupo destacado e unha actuación ou actividade para os nenos”, explicou a concelleira, destacando o concerto do grupo La M.O.D.A. o día 10, o de Novedades Carminha o día 9 e o de Malvela o día 11. Os grupos locais tamén terán o seu espazo como Big Crunch (día 9) ou Son do Sil (día 14). A música de orquestra terá o seu momento nos días 13 e 14 coa presenza de París de Noia e Armonia Show, mentres que as actividades infantís contarán con guiñol, música, humor, maxia e brincadeiros acuáticos.

E todo, sen deixar e lado o apartado deportivo con citas tan relevantes como o Descenso do Sil que este ano celebra o 50 aniversario (día 10), a Milla Urbana (día 11), ou o tradicional Madrugón o día do Cristo pola mañá (día 14).

Máis información no Especial Festas do Cristo do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button