En portada

Christian Escuredo presenta no Barco a película “A pesar de todo, quérote”

Será na tarde do 23 de novembro e xunto ao actor valdeorrés estará o director deste filme, Jorge Algora
Cartaz da película.
Cartaz da película.

As consecuencias dun accidente de tráfico acontecido catro anos atrás muda por completo a vida dun grupo de mozos de 20 anos. Ese é o eixo central en torno ao que xira a longametraxe “A pesar de todo, quérote” (2011, Adivina Producciones), dirixida por Jorge Algora e interpretada por un elenco de actores entre os que está o valdeorrés Christian Escuredo.

Este filme presentarase no Teatro Lauro Olmo do Barco na tarde do 23 de novembro nun acto no que estarán presentes Christian Escuredo, quen está tendo un notable éxito en Madrid como un dos protagonistas do musical “Priscilla. Reina del desierto), o director da película e súa produtora, Susana Maceiras. Será a partires das oito e media da tarde, segundo avanza o Cine Club Groucho Marx no seu blog. Despois atenderán as preguntas dos asistentes e, finalmente, proxectarase a película.

Por outra banda, e con relación a Christian Escuredo, este valdeorrés está nominado como mellor actor principal polo citado musical “Priscilla” nos premios do público Broadway World 2015. Este espectáculo conta asemade con outras nominacións (en total trece, incluíndo a de mellor musical). Estes premios concédeos o público nunha serie de votacións a través de internet. O prazo das mesmas rematará o vindeiro domingo 22 de novembro. O link para votar é:

http://www.broadwayworld.com/spain/vote2015region.cfm

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close