EconomíaEconomíaÚltima hora

Churrería “A General”, un século de historia no Barco de Valdeorras

É unha boa opción para almorzar ou merendar a súa especialidade: un bo chocolate con churros

 

Actualmente ubicada nun dos puntos máis céntricos do Barco de Valdeorras, en plena praza do Concello S/N, a churrería “A General” leva máis dun século dando servizo á poboación e sendo todo un referente dos almorzos na capital da comarca de Valdeorras.

Aberta de 7 a 13h. todos os días do ano, é unha das mellores opcións para degustar un bo chocolate con churros, ao longo da mañá e, en datas especias como as festas ou o Nadal, incluso pola tarde. Para tomar no mesmo posto pero sobre todo, especialmente neste época marcada pola pandemia de coronavirus, para levar para casa e sorprender a nenos e maiores.

 

Preparando uns churros para levar.

 

Sempre atentos coa clientela, hai só dous días, o 28 de decembro, “A General” lanzaba (só por ese día) unha oferta da súa especialidade “gratis para os nosos clientes”.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button