En portadaÚltima hora

Chuvia de estrelas no ceo de Trevinca, o 17 de decembro

O Miradoiro Estelar O Rañadoiro, na Veiga, permitirá desfrutar da observación nocturna da Chuvia das Xemínidas
Imaxe diurna do Miradoiro Estelar do Rañadoiro, na Veiga./ Foto cedida polo Concello.
Imaxe diurna do Miradoiro Estelar do Rañadoiro, na Veiga./ Foto cedida polo Concello.

Un dos escasos miradoiros estelares recoñecidos pola Fundación Starlight está no oriente ourensán. E máis en concreto no teito de Galicia, Trevinca. Trátase do Miradoiro do Rañadoiro, no concello da Veiga, un lugar excepcional para poder desfrutar na noite do vindeiro 17 de decembro da Chuvia das Xemínidas, sempre e claro as condicións meteorolóxicas o permitan.

Con motivo deste fenómeno astronómico o Concello veigués ten programa unha actividade que comezará cunha merenda no Bar A Palleira de Seoane ás 19:00h. Posteriormente os participantes desprazaranse ata o Miradoiro Estelar de O Rañadoiro, para contemplar a choiva de meteoros . O programa completarase cun chocolate con churros. Esta observación estará guiada polo astrofotógrafo Óscar Blanco Varela.

Aquelas persoas que estén interesadas en participar poden anotarse na Oficina de Turismo da Veiga a través do teléfono 988 350130 ou no enderezo electrónico turismo.aveiga@gmail.com. O prezo da actividade completa é de 15 euros e de 8 euros sen comida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close