DeportesÚltima hora

Chuvia de medallas para o CNPO no campionato galego infantil e júnior de natación

O conxunto ourensán lograba un cuarto posto na clasificación xeral do apartado masculino júnior
Membros do CNPO que participaron no campionato galego de natación infantil e júnior.

Na tarde do domingo 26 de febreiro finalizaba o campionato galego infantil e júnior no que o Club Natación Pabellón Ourense lograba uns destacados resultados e o curto posto no apartado masculino júnior. A segunda e última xornada comezaba coa prata conseguida por Luz Fernández en 200 costas, a mesma proba na que Jacobo Caride lograba o bronce. En 50 braza, David González proclamábase campión galego con Héctor Álvarez en cuarta posición, Noel Quiroga vencía en 1500. Na sesión da tarde, Marcos García facíase coa prata en 50 libre, proba na que Eva Carril se proclamaba vencedora infantil. No dobre hectómetro a braza houbo dobrete ourensán, con David González primeiro e Héctor Álvarez terceiro. No apartado de relevos o equipo júnior lograba unha clara vitoria tanto no 4×200 libre como no  4×100 estilos, mentres que as nenas infantís finalizaron segundas no relevo de estilos.

Tamén son de destacar as mínimas nacionais logradas polos infantís Santi Gutiérrez e Eva Carril, xuno cos sete júniors que participaron no campionato. Na primeira xornada o CNPO xa lograra dúas pratas e un broce.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button