CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia impedía o desfile de Manzaneda, pero non o toque do fulión

Desta volta non puido ser. Non houbo petición de permiso, nin as Mázcaras, os bombos, as cornas nin as aixadas puideron percorrer a vila de Manzaneda na mañá do Martes de Entroido. Debido ás intensas chuvias, que un pouco máis arriba eran xa neve, o desfile do 13 de febreiro, día grande do Entroido en Manzaneda, tiña que suspenderse.

O que si se mantiña era o xantar popular da festa, organizado polo Concello de Manzaneda, no que participaban preto dun milleiro de persoas. Degustaban un saboroso menú, servido por Mantesil, a base de chourizo cocido, empanada e carne ao caldeiro, acompañados por viño da zona e bica.

E despois de xantar, de xeito natural, comezaba a soar o toque de fulión de Manzaneda, acompañado pola danza dalgunhas Mázcaras no mesmo pavillón. A chuvia impedía o desfile, pero non frustaba o sentir da festa e o ritmo do folión, que agromaba entre os asistentes.

Fotos: JR

Máis fotos en:
https://osil.info/fulion-danza-das-mazcaras-sobremesa-xantar-martes-de-entroido-manzaneda/

Artigos relacionados

Back to top button