DeportesÚltima hora

Ciclistas holandeses na Rúa

O equipo Belkin escollía o hotel Espada para concentrarse, mentres que a selección española está no Pazo do Castro
Ciclistas do equipo holandés Belkin, no hotel Espada da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.
Ciclistas do equipo holandés Belkin, no hotel Espada da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Á espera do seu turno para competir no Mundial de Ciclismo en Ruta que se está celebrando en Ponferrada, o equipo holandés Belkin Pro-Cicying (parte da selección de Holanda) escollía o Hotel Espada da Rúa como base de operacións e concentración.

Alí pudo verse parte do equipo (ciclistas, técnicos e ata o cociñeiro). Mentres a parte humana se deixaba ver polas rúas e locais da vila, no exterior do hotel, na céntrica rúa Campogrande, chamaba a atención a parte técnica, un autobus, un camión-taller e varios vehículos estiveron aparcados dende o xoves 18 de setembro ata onte domingo 21, día no que seis dos corredores, loitaron na contrarreloxo masculina por equipos (CRE) que finalmente gañaban os americanos do BMC Racing Team, liderado por Tejay Van Garderen. A prata foi para os australianos do Orica GreenEdge, mentres que o bronce levábano os corredores do Omega Pharma-Quick-Step.

Entre os ciclistas holandeses que durante catro días adestraron en Valdeorras, atopamos a Stef Clement, Robert Gesink, Wilco Kelderman ou Maarten Tjallingii.

E mentres tanto, os membros da selección española permanecen concentrados no Hotel-Monumento Pazo do Castro, á espera de competir na proba estrela do mundial: a de fondo elite masculina que se celebrará o domingo 28 de setembro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button