SanidadeÚltima hora

Ciclo de cinema e medicina, na Biblioteca Pública ourensá

Incluirá catro filmes que se proxectarán en xuño, tras un acordo entre o Cineclub Padre Feijóo e o Colexio Médico de Ourense

Imaxe do filme "La familia Savages", que abrirá o ciclo que se proxectará en Ourense.
Imaxe do filme “La familia Savages”, que abrirá o ciclo que se proxectará en Ourense.

Co fin de “fomentar a cultura cinematográfica no ámbito sanitario e de aproveitar as sinerxias coas entidades culturais da cidade”, o Colexio Médico de Ourense (ICOMOU) e o Cineclub Padre Feijóo veñen de asinar un convenio de colaboración. Unha das primeiras actuacións xurdidas deste acordo será un ciclo de cine e medicina que se desenvolverá no mes de xuño e que incluirá catro longametraxes “de gran calidade e interese, que tratan temas como as adicións, o envellecemento, as implicacións familiares da enfermidade nos seres queridos…”, segundo se informa dende o ICOMOU.

Todos elas poderán verse ás 19:30h. na sede habitual deste cine club, a Biblioteca Pública. O calendario de proxeccións comezaba o día 16 de xuño con “La familia Savages”,e continuará 18 de xuño prase “Gracias por fumar”, o día 23 “Dallas buyers Club” e o día 25 “In love we trust”. O prezo da entrada será de 4 euros.

Despois de cada proxección terá lugar un debate/fórum que será moderado por profesionais do ámbito sanitario relacionados coa temática de cada película. O ciclo está pensado para todo tipo de espectadores. “Esperamos que esta actividade sexa do agrado da cidadanía ourensá e que supoña o comezo dunha colaboración continuada entre ambas entidades”, din dende o ICOMOU.

Artigos relacionados

Back to top button