CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ciclo de concertos de outono, na Ribeira Sacra

Entre os escenarios das actuacións, que terán carácter benéfico, estarán o castelo de Castro Caldelas e o Mosteiro de Santa María de Montederramo
Detalle do cartaz do ciclo de outono na Ribeira Sacra.
Detalle do cartaz do ciclo de outono na Ribeira Sacra.

Dende pezas clásicas ata temas do repertorio popular galego. Seguindo a estela dos ciclos de primavera e verán, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de presentar a súa proposta musical para o outono. Así entre setembro e outubro terán lugar unha serie de concertos en diferentes puntos desta zona situada entre as provincias de Lugo e Ourense. O primeiro deles terá lugar o día 27 de setembro ás 20h. na igrexa de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos (Lugo). Alí poderá verse o espectáculo “Canto libre” de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas ao piano. No seu concerto poderá desfrutarse cunha escolma de pezas tradicionais galegas, folklores arxentino e fado portugués.

Xa en outubro, o día 5 o castelo de Castro Caldelas (Ourense) acollerá ás 19h. a actuación de Xavier de Acosta e Joaquín Barreira con “Obras de J.S. Bach para frauta e órgano” e, finalmente, o 11 de outubro ás 20h. o grupo instrumental Siglo XX, con Florian Viashi na dirección e ao violín, fará un “percorrido pola música para cuarteto de corda dende o clasicismo ata o século XX” no Mosteiro de Santa María de Montederramo (Ourense).

Ademais estes concertos terán un carácter benéfico xa que o que se recaude pola venta de entradas irá destinado a Cáritas e á protección do patrimonio. E, tal e como acontecía cos ciclos de primavera e verán, este conxunto de actuacións será promovido e organizado polo Consorcio e cofinanciado pola Axencia Turismo de Galicia.

“Unha vez máis, preténdese a posta en valor do patrimonio histórico-artístico e, no caso deste ciclo en concreto, crear oferta complementaria centrando a atención no outono como tempada prioritaria no plannig de promoción do Consorcio. Buscamos a desestacionalización nos meses en que Ribeira Sacra gaña un atractivo paisaxístico excepcional”, explican dende a organización.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button