EconomíaÚltima horaViticultura

Ciclo superior de FP en Vitivinicultura para IES O Ribeiro

A Xunta estuda a posibilidade de implantar o grao para o vindeiro curso
Visita institucional ao IES O Ribeiro.
Visita institucional ao IES O Ribeiro.

A Xunta de Galicia está a estudar a posibilidade de implantar no IES O Ribeiro de Ribadavia, o ciclo de grao superior en Vitivinicultura, “de tal xeito que se complete a oferta de FP no relacionado ao sector vitivinícola, de tanta importancia na comarca do Ribeiro”. Así o anunciaba o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na visita realizada ao centro na mañá do 18 de novembro.

O titular do departamento educativo achegábase ata o instituto ribadaviense para comprobar o aproveitamento que se está a facer nas aulas do material adquirido polo seu departamento (cubas, bombas de vendima, e diverso material de laboratorio) para mellorar o equipamento do ciclo de grao medio en Aceites de oliva e viños, “que supuxo un investimento de máis de 36.000 euros do que se poden beneficiar xa os 31 estudantes que cursan este ciclo” explican dende a concellería.

Dende o grupo municipal do BNG de Ribadavia “congratúlanse do anuncio” asegurando que “trátase dunha reivindicación sucesivamente reclamada dende o BNG, que tivo un primeiro paso na posta en marcha do ciclo medio de elaboración de viños e aceites de oliva en 2012”.

Artigos relacionados

Back to top button