SanidadeÚltima hora

Cidadanía e profesionais seguen demandando unha “primaria digna” na Rúa

Por sexto luns consecutivo tiña lugar unha concentración no exterior do centro de saúde desta vila
Concentración no exterior do Centro de Saúde da Rúa neste luns 11 de marzo./ Foto cedida.

Uns luns máis, e xa van seis, cidadanía e profesionais sanitarios veñen de concentrarse ao mediodía durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde da Rúa. Con este xesto seguen incidindo na demanda dunha atención primaria “digna”.

Este acto reivindicativo, convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button