DeportesÚltima hora

A cidade calza as zapatillas e prepárase para seis novas carreiras urbanas de Correndo por Ourense

 

A presentación realizouse no Salón de Plenos do Concello de Ourense // Foto: Carlos Asensio.

Os afeccionados ao “running” teñen esta primavera seis citas ineludibles en Ourense. O VII Circuíto de Carreiras Populares “Correndo por Ourense”. O Vinteún, O Couto, Centro, a Universidade, A Ponte e a Carballeira son os escenarios onde se ubicarán os diferentes circuítos desta competición. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes Mario Guede e representantes dos patrocinadores e colaboradores presentaron esta mañá (5 de abril), no salón de plenos do Concello, esta cita co deporte que propón 6 carreiras cun total de 33,5 quilómetros en rutas polos diferentes barrios da cidade. Jesús Vázquez animou aos ourensáns a “desempoar a roupa de deporte, as zapatillas, a camiseta e a participar nunha proba que xa forma parte do acervo deportivo de Ourense”.

Esta sétima edición contará con 6 probas, todas en horario de mañá, a partir das 12:00 horas nas categorías de menores de idade e a partir das 12:30 horas coa proba de adultos. Por outro lado, a proba do Couto será nocturna, desde as 22:00 horas, con saída ás 22:30 horas na proba de adultos.

Así, segundo anunciaron os membros da organización. O calendario de “Correndo por Ourense” quedaría do seguinte xeito: o domingo, 23 de abril, celebrarase a carreira do Vinteún. Tras esta, o sábado 27 de maio, dará a saída a carreira nocturna de O Couto. O domingo, 25 de xuño, será a “Carreira do Corpus”, polo centro da cidade. Xa pasado o verán e entrados no mes de setembro, inaugurará o calendario a carreira polo Campus o día 3 e lle seguirá a carreira da Ponte, o 24 de setembro. A tempada pecharase o 22 de outubro coa carreira da Carballeira.

Como novidade, a carreira do barrio da Ponte terá un marcado carácter medioambiental xa que, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, realizarase un programa de actividades para nenos e adultos destinadas a fomentar a reciclaxe, a recollida selectiva e o coidado da contorna natural.

Inscricións

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir ao luns seguinte. A día de hoxe, a 17 días para o inicio o circuíto, xa hai 351 inscritos.

A inscrición no circuíto ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) nas categorías junior, promesa, sénior e veteranos. Nas restantes categorías é gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a un colectivo social.

Poden participar atletas federados e non federados. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2011 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, sénior (1994 e anteriores), e veteranos, en 4 categorías; de 35 a 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. A inscrición e dorsal son únicos para todo o circuíto.

Artigos relacionados

Back to top button