Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A cidade recibe ás campionas da Copa da Raíña de España 2017 de fútbol sala

As xogadoras do Ourense Envialia FSF saían ao balcón principal do Consistorio para amosar o trofeo

Despois de gañar por 2-3 na prórroga ao Atlético de Madrid, o equipo de fútbol sala feminino Ourense Envialia FSF proclamábase campión da Copa da Raíña de España 2017. Unha das proezas polo que era recibido, na mañá do 12 de xuño polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar no Pazo Provincial.

Dous días máis tarde xogadoras e técnicos eran recibido polo alcalde de Ourense Jesús Vázquez  que lles propuxo a posibilidade de que o Concello abrira o balcón principal para que a cidadanía enteira as pudera recibir e saudar, ao tratarse dun logro deportivo de primeirísimo nivel, e logo de moitos anos sen que a Praza Maior vivise un acontecemento semellante. E así, na tarde do luns 21 de xuño os seguidores e veciños en xeral daban unha calorosa benvida ás integrantes do Envialia Fútbol Sala Feminino que en torno ás 20horas, saían a amosar a súa flamante Copa no balcón principal do Consistorio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button