ConcellosÚltima hora

Cidades termais romanas, obxecto dun simposio internacional en Chaves

No encontro, que se desenvolverá do 16 ao 18 de outubro, participan destacados especialistas mundiais sobre esta temática
Un dos actos do simposio de Chaves.
Un dos actos do simposio de Chaves.

“Symposium Aquae: Cidades Termais no Império Romano”. Baixo este título estase a desenvolver do 16 ao 18 de outubro na cidade de Chaves (norte de Portugal) un encontro internacional no que participan diversos especialistas internacionais nesta temática. Así poderá escoitarse a relatores de España, Portugal, Italia, Alemaña, Turquia e Hungría.

Así a representación española correrá a cargo de Gonzalo Matilla, que pretende facer o estudo completo dos balnearios romanos na Península Ibérica, tamén como forma de contribuir para o mellor coñecemento do mundo romano, dada a importancia deste tipo de estrutura.

Estas xornadas sobre cidades termais aposta por analizar e afondar nos coñecementos sobre a importancia das termas medicinais na cultura romana, nomeadamente en termos arquitectónicos, medicinais, relixiosos, administrativos e de exploración do território, segundo avanza dende a organización o Concello de Chaves.

O obxectivo é asemade potenciar o coñecemento científico e a valorización do património, así como lanzar, no final do encontro, as bases dunha rede de cooperación das diferentes cidades termais romanas, “rede eque se pretende candidatar a Patrimonio Mundial”, segundo a autarquía flaviense.

Este simposio ten como base a descuberta no 2006 das termas romanas de Chaves durante a realización dunhas obras. “O balneario romano da cidade de Chaves é incomparable en monumentalidade, expolio e estado de conservación, relativamente a outros balnearios romanos de tipo terapéutico, existentes em territorio nacional e mesmo a nivel internacional”, indicaba o presidente da Cámara Municipal de Chaves, António Cabeleira, ao explicar os motivos que levaron á organización do simposio: “acreditamos que este evento proxectará internacionalmente, entre a comunidade científica e o público en xeral, o importante Balneário Termal Romano de Chaves”.

Artigos relacionados

Back to top button