ConcellosÚltima hora

A CIG alerta da retirada do helicópero de incendios de Vilanova (O Barco)

Piden o seu retorno “inmediato” a esta base ao considerar que a súa ubicación é “fundamental e altamente operativa dende o punto de vista técnico”
Imaxe dun helicóptero realizando tarefas de extinción./ Foto: Arsenio Blanco.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de emitir unha nota de prensa na que alerta da retirada do helicóptero de incendios da base de Vilanova (O Barco), “deixando ao descuberto o Distrito XIII, coa orografía máis complicada de toda Galiza e cunha riqueza ecolóxica e forestal dun importantísimo valor”.

No texto do comunicado tamén se indica que “temos coñecemento de que a base do helicóptero de Vilanova se atopa a día de hoxe pechada, sen helicóptero, estando totalmente desaproveitada para a protección do medio incumprindo o obxectivo para o que fora concebida”.

A CIG considera ademais un “grandísimo erro a retirada do helicóptero de Vilanova” e solicita “aos responsables da Consellería que fagan o indicible para arranxar os supostos problemas que presenta a citada ase. Esiximos o retorno inmediato do helicóptero de Vilanova á súa ubicación a cal dende o punto de vista técnico é fundamental e altamente operativa”.

Artigos relacionados

Back to top button