SanidadeÚltima hora

CIG-Saúde critica as gardas telemáticas de radioloxía no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, o grupo sindical da CIG-Saúde vén de amosar o seu “malestar e rexeitamento” porque “nestes días estamos a ver como as gardas de radioloxía do Hospital Público de Valdeorras van a ser realizadas dende Ourense con radiólogos localizados no seu domicilio. Concretamente os días dende o 4 ao 13 de decembre, o 18,19, 20 e 31 de decembro o HPV estará sen radiólogo de garda. É certo que as TAC poderán facerse no HPV e informarse dende Ourense, pero para facer ecografías será preciso enviar aos enfermos a Ourense o que é inadmisible en situacións de urxencia, ademais de causar problemas relacionados coa recepción dos informes”, segundo este sindicato .

Así, dende CIG-Saúde piden “a inmediata reposición dos radiólogos que faltan e que mentras non se cobran as plazas con persoal destinado neste centro, se envíe a especialistas dende Ourense para facer as gardas localizados no Barco”.

Ademais este sindicato solicítalle, novamente, á Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que “se nos informe dos resultados da avaliación pedida polo delegado de prevención da CIG e realizada no PAC e Centro de Saúde de Viana do Bolo o 20 de abril”.

Artigos relacionados

Back to top button