SanidadeÚltima hora

CIG Saúde Valdeorras protesta pola “despreocupación dos xestores sanitarios cara á sanidade rural”

Exterior do Centro de Saúde de Viana do Bolo.

Dende CIG-Saúde do distrito sanitario de Valdeorras vén de emitirse unha nota de prensa para amosar a súa “protesta pola despreocupación dos actuais xestores sanitarios cara a sanidade rural e, neste caso concreto, á poboación de Viana do Bolo e Vilariño de Conso”.

No seu comunicado a central sindical sinala que “hoxe día 13 de agosto voltamos a ver como nun centro de saúde planificado para tres facultativos (Centro de saúde de Viana) nun concello extenso e rural con poboación dispersa, envellecida e con patoloxías crónicas, ademais de incrementada por veraneantes e situación de feira local”, deixouse “só a unha facultativa para atender a toda a actividade programada, as urxencias e a actividade domiciliaria. Dende esta central sindical consideramos inadmisíbel esta situación”.

Por outa banda, deste CIG Saúde aseguran que “tanto este Centro de Saúde como o PAC de Viana e Vilariño sofren retrasos de semanas na subministración de fármacos, e o seu material de uso cotiá (como por exemplo tensiómetros) está en situación de deterioro importante, reparados con esparadrapos e cousas similares”.

 

Artigos relacionados

Back to top button