CulturaCulturaÚltima hora

“Cigarreiras”, con dirección de Cándido Pazó, o venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Aínda que bebe da novela “La Tribuna” de Emilia Pardo Bazán, a obra teatral “Cigarreiras” constitúe un “produto literario-dramático derivado pero independente”, din dende Contraproducións. Esta función, con versión e dirección de Cándido Pazó, representarase o vindeiro venres ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

A obra aborda “figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brillantes argumentos achegados pola escritora e a súa novela, poden suscitar un grandísimo interese na sociedade actual, representada no teatro polo público”, adianta a compañía teatral.

Artigos relacionados

Back to top button