ConcellosÚltima hora

O CIM da Mancomunidade Conso Frieiras constitúe a mesa de coordinación contra a violencia de xénero

Nela están integrados os concellos da Gudiña, Vilariño de Conso, A Mezquita e Riós
Asistentes á constitución da mesa.

Na mañá do 16 de febreiro o CIM da Mancomunidade de Conso Frieiras vén de constituír a mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que están integrados os concellos de Riós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso.

O acto contaba coa asistencia da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, quen puxo en valor a recente creación deste CIM mancomunidade como exemplo de cooperación nun eido tan sensible como é a violencia de xénero. Ademais destacou a importancia destes centros no seu papel de porta de entrada e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, indicando a necesidade da concienciación dos municipios na implantación deste tipo de centros.

Un dos momentos da xuntanza.

O obxectivo xeral da Mesa Local de Coordinación é a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero. López Abella indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás.

Artigos relacionados

Back to top button
Close