Nadia Fernández sacaba un 13,870 sobre 14 “unha das notas máis altas de España” en selectividade
Máis que sobresaíntes son os resultados que o alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras conseguía nas probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), celebradas hai unha semana na Rúa, sumando ata cinco exelencias académicas.
Nadia Fernández, Paula Rodríguez, Álvaro Vega, Carla Méndes e Sergio Rodríguez superaron os 13 puntos na selectividade e, no caso de Nadia, sacaba un 13,870 sobre 14 “unha das notas máis altas de Galicia e por suposto de España”, aseguran orgullosos dende o instituto barquense.
Fotos cedidas.