DeportesÚltima hora

Cinco andainas solidarias polo Sorteo de Ouro de Cruz Vermella

A primeira proba será o domingo 1 de xuño en Castrelo de Miño

cartelAndainaRibeiro

Con motivo da campaña do Sorteo de Ouro Cruz Vermella organizou unha serie de andainas solidarias en diferentes localidades da provincia.

A primeira será o vindeiro domingo día 1. Cruz Vermella O Ribeiro comenzará a súa andaina de 25 quilómetros ás 9:30h. no parque náutico de Castrelo de Miño. Ademais realizarase unha carreira BTT de 60 quilómetros. O prezo da inscrición é de 6 euros e inclúe un boleto para o Sorteo de Ouro, sorteo de agasallos, avituallamento e xantar.

En Ourense, a andaina será nocturna o vernes 6 de xuño. Comezará ás 20:30h. con dous percorridos de 6 ou 10 quilómetros a escoller, para animar á participación das familias. A inscrición é de 7 euros por persoa, incluíndo un boleto do Sorteo, sorteo de agasallos e chocolatada final. Os menores de 14 anos participarán gratis.

O Carballiño celebrará a súa I Andaina Solidaria Móvete polo Arenteiro o 8 de xuño. Neste caso serán 23 quilómetros, de dificultade media. Sairá ás 9:30h. da praza Maior. A inscrición, de 5 euros, inclúe un boleto do Sorteo, avituallamento e pincho ao finalizar. Menores de 14 años, gratis.

Por último o sábado 28 de xuño celebrarase a andaina organizada por Cruz Vermella Valdeorras, e o domingo 29 de xuño en A Gudiña. A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Viana, Conso-Frieiras realizará a Ruta da Ribeira, de 6 quilómetros e de dificultade baixa. A inscrición, que pode facerse previamente na oficina de Cruz Vermella de A Gudiña ou o mesmo día da proba, supón a compra dun boleto para o Sorteo de Ouro, 5 euros. Sairá ás 9:30h. da Casa da Viúva.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button