EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Cinco Bacchus de Ouro e dous de Prata para os viños da D.O. Valdeorras

 

Os Premios Bacchus 2021 xa teñen ganadores. A organización deste certame, que se desenvolvía entre o 24 e o 28 de maio en Madrid coa asistencia dun cento de catadores, vén de facer públicos os viños distinguidos nesta edición, na que participaban 1.692 viños de 13 países. Entre os galardoados están 7 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, 5 con Bacchus de Ouro e 2 con Bacchus de Prata.

Así os viños valdeorreses premiados co Bacchus de Ouro son: Joaquín Rebolledo tinto barrica 2019 (da Adega Joaquín Rebolledo), Viña Costeira Mencía 2020 (Viña Costeira SGC), Joaquín Rebolledo mencía 2020 (Joaquín Rebolledo), Guitián fermentado en barrica 2019 (Adegas A Tapada) e Viñaredo mencía 2020 (Santa Marta).

Por outra banda, conseguen o Bacchus de Prata os viños O Luar do Sil godello sobre lías 2019 (Pago de los Capellanes) e o Guitián sobre lías 2019 (A Tapada).

5 recoñecementos para a D.O. Ribeiro e 1 para a D.O. Monterrei

No caso da D.O. Ribeiro lográbanse cinco distincións un Bacchus de Ouro da man do Viña Costeira 2020 e catro Bacchus de Prata por parte de Ama Vida 2020 (Alanís), Gotas de Mar godello barrica 2019 (Hammeken Cellars), Ramón do Casar nobre 2019 e Ramón do Casar varietal (2020).

Ademais, na D.O. Monterrei, Terras do Cigarrón 2020 (Viñas e Adegas Galegas) facíase cun Bacchus de Prata.

Finalmente, na D.O. Ribeira Sacra lograban Bacchus de Prata os viños lucenses: Finca Cuarta por Rubén Moure 2019 (Rubén Moure Fernández) e Matilda Nieves 2020 (Rectoral de Amandi).

Artigos relacionados

Back to top button