OurenseÚltima hora

Cinco empresas optan á execución das obras de ampliación do Hospital de Ourense

As obras, que comezarán a finais deste ano, constan de tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Xunta recibiu 5 ofertas para executar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que suporán un investimento de preto de 52,6 millóns de euros e comezarán a finais deste mesmo ano cun prazo de execución de 40 meses.

O proxecto consta de tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button