EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cinco galardóns para Valdeorras no International Wine Challenge

A adega barquense Virxen de Galir sumaba dúas distincións neste certame celebrado en Londres coa participaban máis de 12.000 viños
Imaxe promocional do certame londinense.
Imaxe promocional do certame londinense.

Os resultados da edición do 2016 do International Wine Challenge de Londres veñen de facerse públicos. Entre os distinguidos neste recoñecido certame, no que participaban máis de 12.000 viños de todo o mundo, hai cinco marcas pertencentes á Denominación de Orixe Valdeorras.

Así o Pagos de Galir Godello 2015, da adega Virxen de Galir (Éntoma, O Barco), facíase cunha prata. Ademais o seu Via Nova godello 2015 recibía a mención de “Commended”. Asemade o Bioca godello 2015 colleitaba outra prata e o Valdesil sobre lías o bronce. Finalmente Montenovo 2015 conseguía tamén o recoñecemento “Commended”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close